Saltar ao contido

Igrexa de San Salvador de Manín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Salvador de Manín
Manín Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 59412Enciclopedia Galega Universal: 148534
Wikidata C:Commons

A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

No ano 1764 foi trasladada a Aceredo[1], ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz.

Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro.

En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais.

En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela[2], moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín.

É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante[3].

Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín.

Conta cun importante retablo e altares barrocos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Pereira Domínguez, Benito (1996). Lovios e a súa comarca. ISBN 84-922140-0-7.
  2. F., L. (1-11-2015). "Un templo que suma tres ubicaciones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8-1-2021.
  3. José Lamela Bautista. Historiador, escritor e xornalista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]