Manuel Ángel Leis Míguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Liñaio, España |
Alcalde de Negreira | |
2019 – ← Jorge Tuñas Caamaño | |
Alcalde de Negreira | |
abril de 2017 – novembro de 2017 (dimisión) ← Jorge Tuñas Caamaño – Jorge Tuñas Caamaño → | |
Actividade | |
Ocupación | político, transportista |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Manuel Ángel Leis Míguez, nado en Liñaio (Negreira) en 1977, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Transportista de butano, é presidente da Asociación de Veciños da parroquia de Liñaio. É concelleiro en Negreira polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 2007, nas cales gañaron os socialistas, e ocupouse das áreas de deportes e participación cidadá, ata a dimisión do alcalde Juan García Fuentes en setembro de 2009, e posteriormente obras xa con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2011 nas que volveu gaña-lo PSdeG, pero situouse na oposición debido a un pacto entre o PPdeG e o exalcalde José Blanco Pazos. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2015 nas que tras unha nova vitoria electoral os socialistas recuperaron o goberno, e fíxose cargo das áreas de obras, urbanismo, parques e xardíns, novamente con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde.[1]
En abril de 2017 Tuñas dimitiu como consecuencia dun xuízo,[2] ante o cal asume a alcaldía ata novembro dese mesmo ano, cando Tuñas, unha vez absolto, regresa ó posto. De cara ás municipais de 2019 foi o candidato socialista á alcaldía,[3] trala retirada definitiva de Tuñas, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi reelixido alcalde co apoio do BNG.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Jesús Veiga y Manuel Ángel Leis llevarán el peso de las concejalías de Negreira". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2015.
- ↑ "El sustituto, Manuel Ángel Leis Míguez, lleva diez años en la corporación local". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2017.
- ↑ "Manuel Ángel Leis será el cabeza de lista de los socialistas de Negreira". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Jorge Tuñas Caamaño |
Alcalde de Negreira 2017 |
Sucesor: Jorge Tuñas Caamaño |
Predecesor: Jorge Tuñas Caamaño |
Alcalde de Negreira 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |