Manuel de Pedre
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xuño de 1869 Caión, España |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, xornalista, político |
Manuel de Pedre Prego, nado en Caión (A Laracha) o 8 de xuño de 1869, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rosendo de Pedre Rodríguez. Foi mestre en Montemaior (1890). En 1893 aprobou as oposicións do Maxisterio e obtivo praza en Melide. Permutou para Viana do Bolo en 1895. Publicou algúns artigos en El Magisterio Gallego. Foi expedientado en 1900, sendo mestre en Viana do Bolo[1]. Instalouse en Santiago de Compostela, onde foi propietario de La Estaca, interveu no mitin do 1 de maio de 1907 e foi presidente da Juventud Liberal de Santiago. En 1911 integrouse no Centro Republicano de Santiago e dirixiu o seu periódico La República. Tamén foi candidato republicano nas elección municipais de novembro dese ano, pero non foi elixido. Reintegrouse no Maxisterio e foi mestre interino en Arcos (1918) e Mañón (1920). En 1920 o Ministerio de Instrución Pública concedeulle o indulto que lle permitiu reingresar como propietario no Maxisterio. Foi destinado a Bóveda e en 1928 pasou a ser mestre de Barallobre. Integrouse na Liga de Amigos de Barallobre e en 1933 foi elixido tesoureiro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ferrol e Comarca da UGT. Foi promotor xunto con Alfonso Piñón do Monumento ao camiñante descoñecido inaugurado en Barallobre o 1 de xullo de 1934.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e aínda que foi reposto provisionalmente en decembro de 1938, foi separado definitivamente do servizo no verán de 1940.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1893 en Santiago de Compostela con Ramona Casal Varela (que finou en 1919),[3] e foi pai de Francisco, Juan, Cristina e Manuel de Pedre Casal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Instrucción Pública, 15-3-1900, p. 5.
- ↑ El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 7-5-1919, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel de Pedre Prego foros.xenealoxia.org.