Alfonso Piñón
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Alfonso Piñón Teixido 1887 Ferrol, España |
| Morte | 1973 Madrid, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, comerciante |
| Período de actividade | 1914 |
| Pseudónimo literario | Bernardino de Lamas |
Alfonso Piñón Teijido, nado en Ferrol, foi un comerciante e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1914 trasladouse a Coruña.[1] Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Pueblo Gallego, onde asinaba co pseudónimo Bernardino de Lamas. Formou parte da Sociedade de Amigos do Campo da Coruña, que programaban excursións. Amigo de Xaime Quintanilla Martínez e Felipe Bello Piñeiro, entre 1924 e 1932 filmou imaxes documentais de Galicia, rodando cen películas de entre un minuto e minuto e medio de duración.[2] Fundou o grupo alpinista Abrente. Foi o promotor con Manuel de Pedre do Monumento ao camiñante descoñecido de Barallobre inaugurado o 1 de xullo de 1934.

Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo con Rosa Vázquez López en 1941.[3]