Manuel da Riba do Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel da Riba do Rego
Biografía
NacementoLoentia, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 1902 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Manuel da Riba do Rego, nado en Loentia (Castro de Rei) e finado en Madrid o 24 de xuño de 1902, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alcumado “O Cuco“. Analfabeto e pastor de ovellas, marchou a Madrid, onde fixo fortuna. Foi concelleiro de Madrid e xefe superior de Administración. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879. Foi anulada a súa proclamación como deputado polo Tribunal de actas graves, nomeándose no seu lugar a José María González Vallarino. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1881. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1893. Finou en Madrid o 24 de xuño de 1902.[1][2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Virginia da Riba Lorenzo, que casou con César Ordax-Avecilla Urrengoechea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 26-6-1902, p. 2.
  2. El Diario de Pontevedra, 28-6-1902, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]