Manuel Vidal Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Vidal Martínez
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor em Wikidata
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Mortenovembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Vidal Martínez, nado en Vimianzo cara a 1877 e finado en novembro de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina, onde fixo un pequeno capital. Retornou a Vimianzo e mercou uns muíños industriais en Pasarela. Na Segunda República militou en Unión Republicana. Foi concelleiro de Vimianzo e foi elixido terceiro tenente alcalde. En marzo de 1933 un veciño disparoulle nunha perna, quedando malferido.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse para evitar as represalias. Pasou por varias casas de Calo e Traba de Laxe, e permaneceu algún tempo nun faiado en condicións moi precarias. Morreu en novembro de 1937 a consecuencia das duras condicións do agocho. Para evitar descubrir aos donos da vivenda na que estaba agochado, a familia trasladou clandestinamente o cadáver nun cabalo durante a noite, comunicando o seu falecemento ás autoridades cando xa estaba no domicilio familiar. Obrigaron a soterralo fóra da porta do cemiterio para que a súa tumba fose pisada por todos, e os que asistiron ao enterro foron multados. Decretaron a incautación dos seus bens por un valor de 7.500 pesetas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia 21-4-1933, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]