Saltar ao contido

Manuel Teixeira Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Teixeira Gomes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1860 Editar o valor en Wikidata
Portimão, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Bugia, Alxeria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Portugal
6 de outubro de 1923 – 11 de decembro de 1925
← António José de Almeida (pt) TraducirBernardino Machado →
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra
Universidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , diplomático , escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

BNE: XX922067 WikiTree: Teixeira_Gomes-1 Find a Grave: 232355152 Editar o valor en Wikidata
Manuel Teixeira Gomes contra 1910

Manuel Teixeira Gomes, nado en Vila Nova de Portimão o 27 de maio de 1860 e finado en Bougie ( Alxeria) o 18 de outubro de 1941, foi un escritor e político portugués, o sétimo presidente da Primeira República Portuguesa do 6 de outubro de 1923 ata o 11 de decembro de 1925.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Libânio Gomes e Maria da Gloria Teixeira de Seixas Braga, educouse na casa familiar ata entrar no Colexio de San Luís Gonzaga, en Portimão. Aos dez anos entrou no Seminario Maior de Coímbra e posteriormente matriculouse en medicina na Universidade de Coímbra, non obstante desistiu ao pouco tempo, contrariando a vontade do pai. Mudouse entón para Lisboa, onde entrou no círculo intelectual de Fialho de Almeida e João de Deus. Máis tarde, coñecerá outras figuras importantes da cultura literaria da época, como Marcelino Mesquita, Gomes Leal e António Nobre.

Logo de realizar o servizo militar estableceuse no Porto en 1881, e aí coñeceu a Sampaio Bruno co que colaborou en revistas e xornais, entre eles O Primeiro de Janeiro, Folha Nova, Arte & Vida (1904-1906) e Atlântida (1915-1920).

Despois de se reconciliar coa familia, viaxou a partir de 1891 por Europa, Norte de África e Próximo Oriente como representante comercial dos produtos agrícolas producidos polas propiedades do pai (principalmente améndoas e figos). En 1899 publicou o seu primeiro libro, Inventário de Junho, un libro de viaxes e impresións.

Manuel Teixeira Gomes como Presidente da República.

Republicano convencido tras a proclamación o 5 de outubro de 1910 da república exerceu o cargo de ministro plenipotenciario de Portugal no Reino Unido (1911-1918). Volveu a Portugal en xaneiro de 1918 e estivo en arresto domiciliario durante a ditadura de Sidónio Pais. Volveu á diplomacia tras a caída do réxime sidonista e foi ministro plenipotenciario en España (1919) e de novo no Reino Unido (1919–1923). Estivo na delegación portuguesa na Conferencia de Paz de París (1919–1920) e foi o candidato do Partido Democrático nas eleccións presidenciais de agosto de 1919 que gañou António José de Almeida. Delegado na Liga de Nacións e vicepresidente da Asemblea Xeral (setembro e 1922). A proposta de Afonso Costa[1] o parlamento elixiuno Presidente da República o 6 de agosto de 1923 e asumiu o posto o 3 de outubro ata a súa renuncia o 11 de decembro de 1925, nun contexto de enorme perturbación política e social[2]. A xustificación oficial foi o seu interese en dedicarse exclusivamente á literatura. O 17 de decembro embarcou no navío neerlandés «Zeus» rumbo a Orán, en Alxeria, nun autoexilio voluntario. Morreu en 1941 e ata outubro de 1950 os seus restos mortais non volveron a Portugal.

Deixou unha considerable obra literaria, integrada na corrente nefelibata, cunha prosa coidadamente clásica con temas decaentes, grotescos e cómicos, e cun erotismo desenfreado e un paganismo helénico[3].

  • Cartas sem Moral Nenhuma (1904)
  • Agosto Azul (1904)
  • Sabina Freire (1905)
  • Desenhos e Anedotas de João de Deus (1907)
  • Gente Singular (1909)
  • Cartas a Columbano (1932)
  • Novelas Eróticas (1935)
  • Regressos (1935)
  • Miscelânea (1937)
  • Maria Adelaide (1938)
  • Carnaval Literário (1938)
  1. Maria Luísa V. de Paiva Boléo (1996) Oito Presidentes para a História (1910-1926) Público Magazine
  2. Biografía na web oficial da Presidencia da República Portuguesa
  3. Massaud Moisés (1997) A literatura portuguesa Editora Cultrix, p. 226

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]