Manuel Santa Cruz
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Manuel Santa Cruz | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Manuel Ignacio Santa Cruz Loidi |
Alcume | Cura Santa Cruz e Santa Kruz apaiza |
Nacemento | 23 de maio de 1842 |
Lugar de nacemento | Elduain |
Falecemento | 10 de agosto de 1926 |
Lugar de falecemento | Buesaco |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | líder militar, sacerdote católico, misioneiro e sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Ignacio Santa Cruz Loidi, coñecido como o crego de Santa Cruz, nado en Elduain o 23 de maio de 1842 e finado en Pasto (Colombia) o 10 de agosto de 1926, foi un sacerdote e guerrilleiro carlista vasco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no seminario en Vitoria, e foi destinado como párroco a Hernialde. Tras a revolución de 1868 realizou propaganda activa en favor do carlismo, mais tras ser detido en outubro de 1870, conseguiu fuxir cara a Francia. En abril de 1872, ao comezo da Terceira Guerra Carlista, atravesou a fronteira e púxose á cabeza dunha pequena partida. Detido en agosto, conseguiu fuxir de novo e refuxiarse en Francia para pasar outra vez a fronteira en decembro e pórse á fronte dos seus homes. Actuou na provincia de Gipúscoa, converténdose nun dos líderes guerrilleiros con máis sona pola súa valentía, pero tamén pola súa crueldade. Entrou en conflito cos mandos militares carlistas pola súa independencia e viuse obrigado a deixar a loita e pasar a Francia en xullo de 1873, se ben volveu en decembro por pouco tempo. Exiliouse en Lille e Londres. Ingresou na Compañía de Xesús e realizou un labor misioneiro en Xamaica e Colombia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vernoville, G. (2000). La cruz sangrienta. Historia del cura Santa Cruz. Txalaparta.