Manuel Saco Pradeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Saco Pradeda
Biografía
NacementoVila de Mouros, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Saco Rivera Editar o valor em Wikidata

Manuel Saco Pradeda, nado en Vila de Mouros (O Incio) e finado en Sarria o 14 de abril de 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xuíz municipal de Sarria e representante de Pepe Benito na comarca na primeiras décadas do século XX. Combativo durante a ditadura de Primo de Rivera, seguiu manexando os fíos da política local. Nos meses previos o alzamento militar o seu compromiso coa CEDA e os enfrontamentos e desacordos co concello, supuxeron o apedramento da súa casa e a destrución do mobiliario do Casino, e deron lugar a varias causas xudiciais contra sarriaos de esquerdas. Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936, a través da actuación do seu fillo Manuel Saco Rivera en Burgos, mantivo a colaboración coas autoridades do novo estado.

Casado con María Purificación Rivera López, era dono da Casa forte de Guerra ou Casa dos Saco Quiroga en Vila de Mouros.

O seu irmán, Pedro Sacro Pradeda, foi médico de asistencia domiciliaria, destacando pola súa filantropía, facéndose acredor do agradecemento dos sarriaos, que na década dos 50 lle dedicaron unha rúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]