Saltar ao contido

Manuel Rosales Cereijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rosales Cereijo
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Ardán, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, escritor Editar o valor en Wikidata

BUSC: rosales-cereixo-manuel-1955

Manuel Rosales Cereijo, nado en Ardán, Marín, en 1955, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É da primeira promoción de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é licenciado en Filoloxía Hispánica e fixo o doutoramento na USC coa tese Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934), dirixida por Benito Varela Jácome.[1]

Catedrático de Lingua Galega e Literatura, exerceu no IES Santa Irene de Vigo, no que foi moitos anos secretario, ata a xubilación. Tamén foi profesor asociado na Universidade de Vigo e na UNED[2].[3]

Ten publicado artigos sobre literatura en Grial, A Trabe de Ouro, Eduga e Anuario de Estudios Literarios Galegos.[4]

É tamén coautor de libros de lingua e literatura para o ensino secundario en Xerais.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Obras. Castelao I (1999). Edición crítica.
  • Ilustrísima, de Carlos Casares (2000).
  • Retrincos. Un ollo de vidro, de Castelao (2001).

Didáctica

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Comentário de textos literarios: "Um fragmento de "Xoguetes para un tempo prohibido", de Carlos Casares" (1986). ISBN 84-7707-004-0.
  • Castelao na Galiza do século XX: actas do simposio: "Literatura e arte en Castelao" (2000). ISBN 84-89679-61-4.
  • Para ler a Castelao I. Obras completas vol. 7 (2000). ISBN 978-84-8288-400-4.
  • Congreso sobre Castelao: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Rianxo, dos días 25 ó 29 de xaneiro de 2000, 2001: "Aspectos estilísticos da prosa narrativa de Castelao" (2001). ISBN 84-453-3001-2.
  • Sementar para os que veñan: homenaxe a Camiño Noia: "Narrativa galega anterior ás Irmandades da Fala" (2012). ISBN 978-84-8158-597-1.
  1. Rosales Cereixo, Manuel (1992). "Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. "Introducción a la lengua gallega". uned. Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-07-17. [Ligazón morta]
  4. "Manuel Rosales Cereijo". Hablamos de Libros. Consultado o 2023-07-17. 
  5. "Rosales, Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-17.