Saltar ao contido

Manuel Ramos Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Ramos Fernández
Biografía
Nacementoc. 1871 Editar o valor en Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
As Barrosas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3701

Manuel Ramos Fernández, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1871 e finado nas Barrosas o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viaxaba frecuentemente a Cuba, onde levaba traballadores para os xardíns da Habana. Foi elixido concelleiro das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión como primeiro tenente-alcalde do goberno presidido por José Vilaboy Pajón o día 22 de abril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado o 22 de agosto xunto coa súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José.[1] En 1941 abriuse un proceso xudicial por homicidio contra Narciso Corral Ocampo, xefe da Falanxe e un dos responsables do masacre, que finalmente foi sobresido.

  1. "Manuel, Juana, Manuel y José regresan de nuevo con su familia". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-08-22. Consultado o 2021-03-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]