Saltar ao contido

Manuel Morgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Morgado
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3343

Manuel Morgado González del Valle, nado en Ferrol o 16 de decembro de 1892 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval. Membro do comité de folga dos estaleiros en 1920. Participou na fundación e foi administrador da editorial Céltiga en 1922. Foi director de El Obrero de Ferrol.

Pertenceu á Agrupación Socialista de Ferrol. Foi elixido concelleiro de Ferrol nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931, e foi sexto tenente alcalde na corporación presidida por Xaime Quintanilla Martínez. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933 aínda que non resultou elixido. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e cesado como concelleiro e condenado en consello de guerra a quince anos de reclusión. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ferrol o día 21 e condenado a morte en consello de guerra. Foi fusilado en Ferrol o 13 de agosto de 1936.