Manuel Maneiro Maneiro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1906 Porto do Son, España |
| Morte | 1942 cárcere de Yeserías, España |
| Causa da morte | bronquite |
| Actividade | |
| Ocupación | carpinteiro, político |
Manuel Maneiro Maneiro, nado en Porto do Son en 1906 e finado en Madrid en 1942, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro en Porto do Son e militante do Partido Comunista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e levado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Trasladado á prisión da Coruña, foi liberado en 1940. En xullo de 1941 foi novamente detido en Porto do Son, trasladado a Madrid e internado no cárcere de Yeserías, onde morreu en 1942 debido a bronquite crónica que se lle agravou coas torturas e na prisión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Fernández, Xerardo (1982). Os que non morreron. Sada: Do Castro. pp. 21–22. ISBN 84-7492-126-0.