Manuel Lorenzo Freire-Calvelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Sada, España |
Morte | 19 de maio de 1983 (80/81 anos) Sada, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Manuel Lorenzo Freire-Calvelo, nado en Sada en 1902 e finado no mesmo concello o 19 de maio de 1983, foi un practicante e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico Manuel Lorenzo Calvelo e de Juana Freire Golán, curmá de Lugrís Freire. Estudou a carreira de practicante, exercendo como tal. Fundou e dirixiu Acción Sadense. Promoveu organizacións e actividades encamiñadas á consecución de melloras na calidade de vida dos seus veciños. En 1922 liderou unha campaña para esixir do Estado a construción dun porto de refuxio. Na Ditadura de Primo de Rivera colaborou en Vida Gallega e Mariñana e participou na creación de organizacións culturais e recreativas como a agrupación galeguista Mareiras e o Centro Cultural Obrero, do que foi secretario.[1] Tamén foi correspondente dunha decena de periódicos galegos (como La Voz de Galicia e El Pueblo Gallego) e estatais.
Na Segunda República simpatizou co Sindicato de Oficios Varios de Sada, integrado na CNT. Trasladouse á Coruña en 1934 e rematou afiliándose a Izquierda Republicana. Nos anos corenta retomou a súa actividade, colaborou en Cartel e La Noche, foi o autor da idea de crear en Galicia a Ciudad de los Muchachos. Tamén participou na creación da Peña Mariñana en 1963. Finou en Sada o 19 de maio de 1983.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Fene con María Elena Lobeira Castro en xaneiro de 1929.[3] Elena finou na Coruña en 1934.[4]