Manuel Iglesias Filgueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Iglesias Filgueira
Nacemento9 de outubro de 1905
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento20 de xullo de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Iglesias Filgueira, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1905[1] e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Mourente. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestre en Merza (1931),[2] Folgoso e dende 1935 do Confurco (Xinzo, Ponteareas).[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Pontevedra o 20 de xullo cando fuxía cara á súa casa de Mourente polo campo da feira, rexistrandose a súa morte a causa de hemorraxia por disparo de arma de fogo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 42. 
  2. El Pueblo Gallego, 7-11-1931, p. 7.
  3. El Noticiero Gallego, 4-10-1934, p. 2.
  4. O 20 de xullo de 1936 en Pontevedra: o golpe (2)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]