Manuel Gallego González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Gallego González
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata (112/113 anos)
O Incio, España Editar o valor em Wikidata
MorteCaracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Gallego González, coñecido como Manolo Gallego, nado no Incio cara a 1911 e finado en Caracas, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no exército leal. Foi comisario da defensa antiaerea (DECA) no Ebro e en Cataluña. Ascendeu a comisario de Brigada por méritos de guerra na batalla do Ebro. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado nun campo de concentración. Exiliouse en Venezuela en 1940, e foi secretario xeral do PCE en Venezuela ata a súa morte. Organizou e presidiu o Lar Gallego de Caracas.

O seu sobriño, con mesmo nome, foi detido e acusado sen probas dun atentado á Fosforera en febreiro de 1963,[1] e permaneceu dous anos exiliado no Uruguai.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-2-1963, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]