Manuel Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Freire
Nome completo Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo
Nacemento 4 de novembro de 1767
  Carmona
Falecemento 7 de marzo de 1835
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación militar
editar datos en Wikidata ]

Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo, nado en Carmona (provincia de Sevilla) o 4 de novembro de 1767 e falecido en Madrid o 7 de marzo de 1835, foi un militar e xeneral español da arma de cabalería, que se distinguiu durante a Guerra de Independencia española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de combater contra os franceses en Murcia, Granada e Valencia (1810-1812), sucedeu o xeneral Girón no mando do IV Exército español ou Exército de Galicia[1]. Comandando ese corpo, Freire triunfou sobre Soult en San Marcial no ano 1813, o que lle valeu ser condecorado con a Cruz de San Fernando). Posteriormente participou na batalla de Tolosa en 1814, onde a súa división se bateu contra os baluartes franceses da cidade[2].

Partidario do absolutismo monárquico, Freire foi encargado de coutar o levantamento de Riego en 1820, facéndose tristemente famoso pola represión que ordenou na cidade de Cádiz.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Francisco Freire de Andrade, militar galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gates, p. 474
  2. Longford, p. 420

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gates, D. (2001): The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 978-0-306-81083-2
  • Longford, E. (1969): Wellington: The Years of The Sword. New York: Harper and Row Publishers.