Saltar ao contido

Manuel Freire Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Freire
Nome orixinalManuel Freire Rodríguez
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1993 (31 anos)
Monforte de Lemos, Galicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata
DeportePiragüísmo en augas bravas
Membro do equipo deportivoClub Fluvial O Barco

Manuel Freire Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 2 de febreiro de 1993[1], é un piragüista galego, especialista en descenso de augas bravas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse no piragüismo con 10 anos e a maior parte da súa carreira tivo lugar no Club Quixós de Monforte de Lemos, co que disputou varios campionatos galegos e de España.[2] Nos primeiros anos compaxinou o piragüismo co fútbol, xogando no Calasancio e no Brollón, e participando nunha pretemporada do Club Lemos.[3]

En xuño de 2016 debuta nun Campionato Mundial, en Banja Luka (Bosnia e Hercegovina). En C1 na modalidade clásica acabou no posto 21º e en sprint foi 22º. En C2 acabou na 17ª posición.[4] En xullo do mesmo ano proclámase campión de C1 na modalidade clásica no Campionato de España celebrado en Camarasa (Lleida), mentres que na modalidade de sprint foi terceiro.[5] En C2 sprint, no que competiu xunto a Andrés Saco, foi segundo.[6]

Fluvial de Lugo

[editar | editar a fonte]

En 2017 comeza a competir no Fluvial de Lugo.[2] En maio de 2017 proclámase campión galego por cuarto ano consecutivo. Conseguiu a medalla de ouro nas modalidades clásica e sprint.[7]

No Campionato de España celebrado en La Seu d'Urgell (Lleida) en xuño de 2017 revalidou o título nacional na modalidade clásica[8] e conseguiu tamén a medalla de ouro na modalidade de sprint.[9]

En setembro de 2017 participou no seu segundo Campionato Mundial, esta vez celebrado en Pau (Francia). Xunto a Rodrigo Ramos, logrou a primeira clasificación na historia de España para a final da modalidade de C2 individual, na que lograron a oitava posición.[10] En C1 acabou na 23ª posición.[11] Na modalidade de C1 por equipos foi sexto, mentres que en C2 por equipos acadou a cuarta posición.[12]

En primavera de 2018 participou no seu terceiro mundial consecutivo, que se celebrou en Muotathal (Suíza). En C1 por equipos acabou na sétima praza, mentres que a caída dun dos integrantes do equipo impediu que puntuara na modalidade de C2 por equipos.[13] Na modalidade de C1 en patrullas xunto a Rodrigo Ramos e Alan Padilla foi quinto.[14]

En setembro de 2018 revalidou o campionato de España de piragüismo en descenso de augas bravas, superando en vinte segundos ao segundo clasificado, en Sabero (León).[15]

Fluvial do Barco

[editar | editar a fonte]

En 2019 ficha polo Club Fluvial O Barco, xunto co piragüista monfortino Marcos González.[16] En abril de 2019 participou na primeira Copa de España celebrada en La Seu d'Urgell (Lleida).[17]

En maio de 2019 participou no Campionato de Europa celebrado en Trnovo ob Soči (Eslovenia). Nel acadou a 12ª posición no C2 en sprint xunto a Rodrigo Ramos, a 16ª posición en C1 na modalidade clásica e a 20ª posición en C1 en sprint.[18][19] Tamén participou uns días máis tarde na segunda Copa de España celebrada no Barco de Valdeorras, na que conquistou a medalla de ouro en longa distancia e a medalla de prata en sprint. Tamén acadou a medalla de prata no campionato nacional de patrullas.[20]

O 1 de xuño de 2019 clasificouse na Copa de Europa disputada en La Seu d'Urgell para participar no Campionato do Mundo no mes de setembro. Na modalidade de C1 non entrou na final pero a súa 18ª posición foi suficiente para clasificarse. En C2 clasificouse para a final e acabou na sétima praza xunto a Rodrigo Ramos.[21]

O 18 de agosto de 2019 proclamouse campión por terceiro ano consecutivo de descenso en augas bravas na modalidade de longa distancia, en Sabero (León). En sprint conseguiu a medalla de bronce.[22]

En setembro de 2019 participou no Campionato do Mundo celebrado en La Seu d'Urgell. Na modalidade de C2 por equipos acabou cuarto, a sete centésimas da medalla de bronce e a dúas décimas da de prata, mentres que en C1 por equipos, xunto a Rodrigo Ramos e Alan Padilla, acabou sexto.[23] Nas modalidades de C1 e C2 individuais acabou 16º e 23º, respectivamente.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Manuel Freire". International Canoe Federation. 
  2. 2,0 2,1 "El Quixós, entre los mejores de España". La Voz de Galicia. 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  3. "Freire, a la final del mundial". La Voz de Galicia. 29 de setembro de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  4. "Manuel Freire logra la mayoría de edad deportiva en el mundial de Bosnia". La Voz de Galicia. 8 de xuño de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  5. "Manuel Freire, campeón de España". La Voz de Galicia. 19 de xullo de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  6. "Campionato de España de descenso de augas bravas 2016" (PDF). RFEP. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  7. "Freire domina el piragüismo gallego". La Voz de Galicia. 17 de maio de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  8. "Manuel Freire se proclamó campeón de España de piragüismo". La Voz de Galicia. 18 de xuño de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  9. "El piraguismo monfortino es de oro". La Voz de Galicia. 20 de xuño de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  10. "Freire, colosal en el mundial". La Voz de Galicia. 1 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  11. "Lejos de la final del mundial en C-1". La Voz de Galicia. 28 de setembro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  12. "Manuel Freire lo borda en Francia". La Voz de Galicia. 27 de setembro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  13. "Manuel Freire, séptimo en el mundial en la modalidad de C-1". La Voz de Galicia. 2 de xuño de 2018. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  14. "Manuel Freire cierra el mundial con un quinto puesto en patrullas". La Voz de Galicia. 5 de xuño de 2018. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  15. "Manuel Freire, campeón de España de piragüismo". La Voz de Galicia. 2 de setembro de 2018. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  16. "Manuel Freire y Marcos González fichan por el Fluvial de O Barco". La Voz de Galicia. 2 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  17. "Pleno del piragüismo monfortino en la copa de España". La Voz de Galicia. 7 de abril de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  18. "Freire logró el puesto doce en C-2 en el campeonato de Europa". La Voz de Galicia. 17 de maio de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  19. "Manuel Freire acabó en el puesto 16 en el campeonato de Europa en C-1". La Voz de Galicia. 16 de maio de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  20. "Manuel Freire logró el subcampeonato en la copa de España". La Voz de Galicia. 28 de maio de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  21. "Manuel Freire, directo al mundial". La Voz de Galicia. 4 de xuño de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  22. "Manuel Freire, campeón de España". La Voz de Galicia. 19 de agosto de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  23. "Manuel Freire logró la cuarta plaza en el campeonato del mundo". La Voz de Galicia. 25 de setembro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  24. "Monforte premió a los mejores". La Voz de Galicia. 3 de xuño de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2019.