Manuel Freire de Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo 4 de novembro de 1767 Carmona, España |
Morte | 7 de marzo de 1835 (67 anos) Madrid, España |
Ministro da Guerra | |
4 de maio de 1815 – 29 de maio de 1815 ← Tomás Moreno Daoíz (en) – Francisco de Eguía → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Guerras napoleónicas |
Outro | |
Título | Marquis of San Marcial (en) (1834–) Duque |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo, nado en Carmona (provincia de Sevilla) o 4 de novembro de 1767 e finado en Madrid o 7 de marzo de 1835, foi un militar e xeneral español da arma de cabalaría, que se distinguiu durante a Guerra de Independencia española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de combater contra os franceses en Murcia, Granada e Valencia (1810-1812), sucedeu o xeneral Girón no mando do IV Exército español ou Exército de Galicia.[1] Comandando ese corpo, Freire triunfou sobre Soult en San Marcial no ano 1813, o que lle valeu ser condecorado coa Cruz de San Fernando). Posteriormente participou na batalla de Tolosa en 1814, onde a súa división se bateu contra os baluartes franceses da cidade[2].
Partidario do absolutismo monárquico, Freire foi encargado de coutar o levantamento de Riego en 1820, facéndose tristemente famoso pola represión que ordenou na cidade de Cádiz.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Francisco Freire de Andrade, militar galego.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gates, D. (2001): The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 978-0-306-81083-2
- Longford, E. (1969): Wellington: The Years of The Sword. Nova York: Harper and Row Publishers.