Manuel Fraga Fentanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Fraga Fentanes
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
San Xurxo de Sacos, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Cerdedo-Cotobade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Fraga Fentanes, nado en San Xurxo de Sacos (concello de Cotobade) o 26 de novembro de 1889 e finado no mesmo concello o 11 de agosto de 1936, foi un xastre e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina e instalouse en Buenos Aires como xastre. De volta a Galicia, pertenceu á Sociedade de Oficios Varios de San Xurxo de Sacos e foi tesoureiro da Sociedade de agricultores de San Xurxo de Sacos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou a unha casa-panadería dun amigo en Seixo (Marín) e permanece alí uns días ata que o seu fillo máis novo foi buscalo. Retornou a San Xurxo e foi citado ao cuartel da Garda Civil onde o obrigaron a asinar un papel en branco. A noite do 10 ao 11 de agosto catorce gardas cívicos irromperon na súa casa, rexistrárona na busca do estandarte da Sociedade de Agricultores que non atoparon, e levaron detido a Manuel. Asasinado, despois de escachizalo, botárano por un terraplén de máis de tres metros de altura. O seu cadáver apareceu preto da Ponte da Rocha. Foi soterrado en Tenorio porque non lle permitiron á familia levalo para o cemiterio de San Xurxo. Á súa muller Balbina rápanlle o pelo e prohíbenlle chorar en público. En 1948 permítenlle trasladar os restos de Manuel do cemiterio de Tenorio ao panteón de San Xurxo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Balbina Vilán Quinteiro e tivo tres fillos: Evangelina, Manuel e José Fraga Vilán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]