Manuel Formoso Piñeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | abril de 1939 (22/23 anos) Sarrión, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, político |
Familia | |
Irmáns | Antonio Formoso Piñeiro |
Manuel Formoso Piñeiro, nado en Buenos Aires en 1916 e finado en Sarrión en abril de 1939, foi un poeta e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Formoso e Manuela Piñeiro, emigrantes de Carnota, que retornaron a Galicia a finais dos anos dez. Criouse na parroquia pontevedresa de Alba, onde seus pais mercaron unha propiedade e se dedicaron a atender a explotación agraria. Foi educado polo seu curmán Antonio Agustín Formoso Piñeiro, daquela estudante de maxisterio en Pontevedra. Estudou na escola de Lerez. En outubro de 1934 solicitou permiso para facer prácticas no Hospital de Pontevedra para os seus estudos de practicante.[1] Militante das Mocedades Galeguistas de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado en febreiro de 1937.[2] Desertou do exército franquista e pasouse ao bando leal. Detido ao final da guerra, foi fusilado en abril de 1939 en Sarrión (Teruel). Benito Búa Rivas, asinando co pseudónimo B. Lerez, dedicoulle o poema "A morte dun heroi" que apareceu no Cancioneiro de loita galega editado en México en 1942.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (1996). Ensaios breves de literatura e política. Nigra.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Formoso Piñeiro, a morte dun heroi, en Nós Diario, 13-4-2019.