Manuel Fernández Guitián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Fernández Guitián
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata (128/129 anos)
Proendos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Fernández Guitián, coñecido como Sacristán, nado en Proendos (Sober) cara a 1895, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mecánico. Veciño de Vilaescura. Foi detido como presunto autor de disparos a un garda civil en decembro de 1934;[1] acusado de insulto a forza armada, foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 27 de setembro de 1935.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo. Preso no cárcere de Monforte, saíu en liberdade o 17 de outubro de 1938. Foi enlace da guerrilla de Xosé Castro Veiga. Reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1953 pola causa 151/52.[3] Foi detido en xaneiro de 1955 acusado de tenencia ilícita de armas, auxilio a bandoleiros e falsificación de selos; en marzo do mesmo ano detiveron aos seus fillos Ramón e Jaime. Foron xulgados en Lugo o 23 de novembro de 1955.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ascensión Vázquez e foi pai de Ramón e Jaime Fernández Vázquez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-1-1935, p. 10.
  2. Alborada, 28-8-1935, p. 9.
  3. BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4.
  4. El Progreso, 24-11-1955, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]