Manuel Enríquez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de febreiro de 2022 ás 21:33 por Xas (conversa | contribucións) (completo info e referencias)
Infotaula de personaManuel Enríquez Fernández
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor em Wikidata
Taramundi, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Enríquez Fernández, nado en Taramundi cara a 1878 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un obreiro, sindicalista e político asturiano.

Traxectoria

Veciño de Pacios. Directivo da UGT da Pontenova, foi vicepresidente do Sindicato Obreros Mineros Lugo-Sección Pontenova en 1923 e presidente da Agrupación Socialista Obrera La Lucha de Puentenuevo en 1936. Foi concelleiro do Concello de Vilaoudriz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 17 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de abril de 1937 con Emilio Timiraos Cervo, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, José María Gallo Gallo e Faustino Fernández Cartategui.[1]

Notas

  1. El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas