José María Gallo Gallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Gallo Gallo
Nacemento1911
Lugar de nacementoA Pontenova
Falecemento29 de abril de 1937
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José María Gallo Gallo, nado na Pontenova cara a 1911 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre na Pontenova. Foi tesoureiro do Sindicato Minero de Vilaodriz en 1933 e presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Vilaodriz. Foi nomeado alcalde de Vilaodriz en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 29 de abril de 1937 con Manuel Enríquez Fernández, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, Emilio Timiraos Cervo e Faustino Fernández Cartategui.[1]


Predecesor:
?
 A Pontenova.svg
Alcalde da Pontenova
 
1936
Sucesor:
?


Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]