Manuel Diz Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Diz Fuentes
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Vilaxoán, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Cea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRogelio Diz Fuentes Editar o valor em Wikidata

Manuel Diz Fuentes, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1903 e finado en Cea o 29 de setembro de 1938, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro veciño da Lagoa. Era directivo do Sindicato de Transportes Marítimos da CNT. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos organizadores da resistencia en Vilagarcía, foi quen rexistrou e lle quitou a pistola a Wenceslao González Garra na praza da Ravella e participou na requisa de armas entre outros do cura de Cea José Gago Tarrío. O seu irmán Rogelio Diz Fuentes foi detido. Manuel fuxiu ao monte e integrouse nun grupo de fuxidos con Luis Cancelo Galván, Rodríguez Carregal e Ramiro Araujo Rodríguez, que se instalaron no monte Xiabre nunha cova que eles mesmos fixeron no lugar de Areal. En xaneiro de 1938 Manuel abandonou o monte e refuxiouse nun tobo na horta da casa dos seu pais na Lagoa. Nunha das batidas e rexistros das forzas da gardia civil e falanxistas, un grupo mandado polo sarxento Desiderio Camacho Pinillana e do que formaban parte os gardas José Zúñiga Sánchez e Miguel López Codesal, acompañados dos falanxistas Luis Pintor Filgueira, Antonio Andrés Patiño e Roberto Abal Vázquez, rodeou a casa dos pais de Manuel na tarde do 28 de setembro de 1938. Efectuado o rexistro, detiveron a Manuel cando trataba de fuxir. Foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Vilagarcía. Esa mesma noite, ás dúas da mañá, co pretexto da localización da cova de Areal, foi asasinado no monte Xiabre en aplicación da tristemente coñecida lei de fugas. O seu cadáver foi trasladado ao cemiterio de Cea, pero o cura negóuse a enterralo en sagrado e foi soterrado no exterior, ao pé da escaleira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]