Manuel Díaz Cardama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Díaz Cardama
Biografía
Nacementodecembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Manuel Díaz Cardama, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1908 e finado en Madrid en decembro de 2001, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Díaz Rey e Concepción Cardama Durán. Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela e licenciose en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado á Agrupación Socialista de Santiago de Compostela dende 1929, foi presidente das JSE. Sufriu detencións gobernativas de 15 días en outubro de 1934 e en 1935. En marzo de 1935 foi un dos asinantes do manifesto dos intelectuais composteláns solicitando ao presidente da República o indulto dos condenados a morte.[1] En xuño de 1936 presentouse ás oposicións para xudicatura en Madrid.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pasando dez meses en prisión. Foi multado polo Comandante Militar de Santiago con 250 pesetas en xuño de 1937 por "propalar conceptos contrarios al Glorioso Movimiento Nacional".[2] Sometido a depuración, foi dado de baixa no Corpo de aspirantes á xudicatura en outubro de 1937.[3]

Intentou pasar á zona leal conseguindo chegar a Cataluña a través de Francia por Port-Bou o 6 de xaneiro de 1938. Foi nomeado maxistrado da Audiencia de Lleida o 22 de febreiro, permanecendo neste posto ata a caída de Cataluña. Marchou Francia o 9 de febreiro pasando a fronteira por Puigcerdá. Estivo no Refuxio de Vernet les Bains (Pireneos Orientais) e despois residiu en Orleans (Loiret) e París. O 13 de xullo embarcou coa súa irmá María del Carmen Díaz Cardama no buque Mexique no porto de Pauillac (Gironde) rumbo a México, arrivando a Veracruz o 27 de xullo de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Trasladouse a Cidade de México onde inicialmente traballou na fábrica de mosaicos América e pertenceu á Agrupación Socialista Española do PSOE, da que formaba parte a finais dos anos sesenta.

Retornou a España, foi rehabilitado como maxistrado en outubro de 1976,[4] e destinado á Audiencia Territorial de Barcelona, de onde se xubilou en decembro de 1979.[5] Finou en Madrid en decembro de 2001.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen López Todo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-3-1935, p. 16.
  2. El Eco de Santiago, 14-6-1937, p. 2.
  3. BOE, 20-10-1937, p. 3930.
  4. BOE, 9-11-1976, p. 22096.
  5. BOE, 19-1-1980, p. 1460.
  6. ABC, 3-12-2001, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]