Manuel Costa Casares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 Agolada, España |
Morte | 6 de febreiro de 2014 (79/80 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Agolada | |
1979 – 8 de novembro de 2005 (dimisión) ← Luís Yebra-Pimentel Vidal – Ramiro Varela Peón → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Costa Casares, nado en Agolada en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2014[1], foi un político galego do PPdeG que foi 26 anos alcalde de Agolada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rexentaba unha empresa de transporte de viaxeiros e mercancías. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo cinco concelleiros, por seis de Alianza Popular, un de UG e outro do PSdeG. Os concelleiros de UG e PSdeG pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo PPdeG, volveu revalidar a maioría absoluta, que repetiu nas sucesivas eleccións. En novembro de 2005 decide abandonar a alcaldía, sendo substituído polo seu xenro Ramiro Varela Peón[2].
Predecesor: Luis Yebra-Pimentel Vidal |
Alcalde de Agolada 1979 - 2005 |
Sucesor: Ramiro Varela Peón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece esta madrugada o ex alcalde de Agolada, Manuel Costa Casares", artigo en La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2014.
- ↑ Un último pitillo como alcalde. www.farodevigo.es, sen data. (en castelán)