Manuel Candal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Candal
Nacemento1935
 Ordes
Falecemento11 de novembro de 2009
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosMaría Jesusa Candal Jarrín
editar datos en Wikidata ]

Manuel Candal Candal, nado en Ordes en 1935 e finado en Vilamartín de Valdeorras o 11 de novembro de 2009, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rexentaba unha empresa en Vilamartín de Valdeorras. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987 presentouse por Alianza Popular e volveu revalidar a maioría absoluta. Repetiu a maioría absoluta nas seguintes eleccións presentándose polo PPdeG. Foi presidente da Fundación Valdegodos, unha entidade privada destinada á construción e xestión de asilos de anciáns.

Logo de perder o apoio dalgúns dos seus concelleiros, entre eles a súa filla, María Jesusa Candal, o 26 de novembro de 2008 presentou a dimisión alegando motivos de saúde[1]. Posteriormente o fiscal de Ourense acusouno dun delito de prevaricación urbanística por unhas licenzas de obra que asinara pouco antes da súa dimisión[2].


Predecesor:
-
 Escudo de Vilamartín de Valdeorras.svg
Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
 
1979 - 2008
Sucesor:
María Jesusa Candal

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu un ano despois, vítima dun infarto. A corporación municipal encabezada pola súa filla, nomeouno "alcalde de honra" e fillo adoptivo de Vilamartín[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]