Manuel Blanco Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Blanco Bueno
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata (109/110 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDiego Romero Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Blanco Bueno, coñecido como Diego Romero, nado en Ferrol cara a 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro-armeiro do destrutor Sánchez Barcáiztegui cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi un dos soldados amotinados contra os mandos alzados. Militante do PCE dende 1937. Logrou embarcar no Stanbrok, cargueiro británico que saíu do porto de Alacant o 28 de marzo de 1939.[1] Despois de 22 horas de travesía chegou ao porto de Mazalquivir, preto de Orán. Logo de pasar un período de corentena no barco, foi internado como todos os homes nun campo de concentración, de onde pasou a Francia, recibindo cursos de formación e loita guerrilleira. Foi enviado a Galicia a finais de 1945 xunto a José Gómez Gayoso, Antonio Seoane e Manuel Fernández Soto para reactivar o partido e a guerrilla. Axudado por Tomás Jiménez Esquivias, comezou o seu traballo de organización na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o PCE fora desmantelado. Foi o responsable de axitación e propaganda. Foi detido en Vigo na primavera de 1947. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 9 de xaneiro de 1948, foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu 15 anos no penal de Burgos. Saíu en liberdade condicional en 1963 e instalouse en Madrid, onde casou e instalou unha xoiería.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]