Manuel Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Bernárdez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Bernárdez Filgueira Editar o valor em Wikidata
13 de agosto de 1867 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte1942 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , diplomático , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Bernárdez Filgueira, nado en Vilagarcía de Arousa en 1867 e finado en Montevideo en 1942, foi un xornalista, diplomático e editor uruguaio de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Ramón Bernárdez e Dolores Filgueira. Con seis anos abandonou Vilagarcía de Arousa e trasladouse a Arapey, ao norte do Uruguai. Obtivo a nacionalidade uruguaia pouco despois da maioría de idade.

Non foi á escola, formouse na casa. Na infancia escribiu poesía e prosa, publicou o seu primeiro traballo Confidencias a una joven amiga aos dezaoito anos. Nas seguintes tres décadas, traballou en diversas editoriais e periódicos nacionais e internacionais. Casou con Carmen Martínez-Thédy en 1894, con quen tivo catro fillos.

En 1898 converteuse en editor de El Diario en Buenos Aires; despois viaxou ao Brasil e escribiu un libro co título De Buenos Aires al Iguazú. Entre 1904 e 1905, Bernárdez escribiu sobre Arxentina, comentando o seu desenvolvemento económico: Viajes por la República Argentina, La nación en marcha, Jornadas del progreso argentino, hacia las cumbres.

En 1910 trasladouse ao Brasil en calidade de cónsul do Uruguai, e foi ministro do seu país en 1916. Morreu en 1942 en Montevideo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Claros de luna, 1886.
  • Memorias de campo, 1887.
  • Ave, Maria!.
  • La muerte de Artigas, 1891.
  • El Tratado de la Asunción, 1894.
  • De Buenos Aires al Iguazú, 1901.
  • El Brasil, su vida su trabajo, su futuro: itinerario periodístico, 1908.
  • Aspectos ejemplares de la nueva Bélgica : las grandes patrias chicas : páginas de una memoria, 1928.
  • Política y Moneda, 1931.
  • Tambos y Rodeos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]