Manuel Baamonde Guitián
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Manuel Baamonde Guitián | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Monforte de Lemos |
Falecemento | 1 de decembro de 1927 |
Lugar de falecemento | Monforte de Lemos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Baamonde Guitián, nado en Monforte de Lemos e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1927, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na Restauración foi alcalde de Monforte (1884-1885), deputado provincial de Lugo por Monforte, vicepresidente da Deputación de Lugo e presidente en 1885; foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo en 1896. Foi gobernador civil de León e Valencia e oficial maior do Ministerio da Gobernación. Adscrito ao Partido Liberal, presentouse ás eleccións a deputados a Cortes polo distrito de Monforte fronte a Guillermo de Osma Scull, pero foi derrotado.[1] Finou en Monforte de Lemos o 1 de decembro de 1927.[2][3]
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Monforte de Lemos 1884 - 1885 |
Sucesor: ?
|
Predecesor: Juan Paradela Sánchez |
![]() Presidente da Deputación de Lugo 1885 - 1886 |
Sucesor: Juan Paradela Sánchez
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Roberto e Camilo Baamonde Robles.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-12-1927, p. 10.
- ↑ El Regional, 2-12-1927, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 2-12-1927, p. 24
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos Deputados
- "Una monfortina de pro", La Voz de Galicia, 16 de xuño de 2004.