Manuel Anxo Laxe Freire
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1944 Castro de Rei |
| Morte | 2006 |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
Manuel Anxo Laxe Freire, nado en Duarría, Castro de Rei o 12 de decembro de 1944 e finado en 2006[1], foi un escritor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado no seo dunha longa familia troncal chairega, cursou a carreira de Maxisterio en Lugo. Aos 21 anos aprobou as oposicións de Maxisterio, exercendo como profesor en distintas aldeas de Galicia. Posteriormente licenciouse en Filoloxía Románica e Filoloxía Inglesa. Desde 1971 foi profesor de inglés nun centro de ensino secundario da Coruña.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]Traducións
[editar | editar a fonte]- Billy Budd, de Herman Melville, 1985, Colección Xabarín, Xerais.
- Outra volta á torniqueta, de Henry James, 1989, Edicións do Cumio.
- Retrato do artista como cadelo (The Portrait of the Artist as a Young Dog), de Dylan Thomas, 1992, Xerais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Manuel Anxo Laxe Freire en galegos.info Consultado o 3 de setembro de 2010