Manuel Albo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Albo
Nacemento1886 e 7 de maio de 1886
 Viveiro
Falecemento6 de novembro de 1935
 Montevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Albo Carballeira, nado en Xunqueira (Viveiro) o 7 de maio de 1886 e finado en Montevideo en 1935, foi un médico, profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu tío paterno, Isidro Albo levouno a Uruguai en 1891 con cinco anos e adoptouno. Estudou na escola local e despois foi interno ao Seminario de Montevideo. Ingresou na Facultade de Medicina con 19 anos, compaxinando os estudos co cargo de profesor da Escola de Enfermeiros. Obtivo unha bolsa e visitou clínicas de Francia, España, Inglaterra e Estados Unidos. Ao regreso incorporouse como médico interno no Hospital Maciel. Traballou no Hospital Pasteur, na Clínica Lamas, no sanatorio da Casa de Galicia, do que foi director, e no hospital central de La Española. Foi profesor titular da Cátedra de Medicina Operatoria da Facultade de Medicina de Montevideo. Foi elixido deputado polo Partido Blanco en dúas ocasións, nos períodos lexislativos entre 1923 e 1931.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Montevideo coa tamén médico Luisa Volonté Lalinde, e foi pai de Manuel Albo Volonté.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Facultade de Medicina creou un premio de investigación co seu nome. A Municipalidade de Montevideo púxolle o seu nome a unha céntrica avenida. A Casa de Galicia fíxolle unha homenaxe en 1947, na que participou Castelao e Antón Alonso Ríos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]