Mansour bin Zayed Al-Nahyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mansour bin Zayed Al-Nahyan
Sheikh Mansour shaking the hand of Michael Spindelegger (crop).jpg
Nacemento20 de novembro de 1970
 Abu Zabi
NacionalidadeEmiratos Árabes Unidos
RelixiónIslam
Alma máterSanta Barbara City College e United Arab Emirates University
Ocupaciónpolítico e banqueiro
PaiZayed bin Sultan Al Nahyan
NaiFatima bint Mubarak Al Ketbi
CónxuxeManal bint Mohammed bin Rashid Al Maktoum
IrmánsKhalifa bin Zayid Al Nahyan e Mohammed bin Zayed Al Nahyan
PremiosOrde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]
Á dereita de Mansour bin Zayed Al Nahyan.

Mansour bin Zayed bin Sultan Al Nahyan, nado o 20 de novembro de 1970, é un xeque e político dos Emiratos Árabes Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mansour é membro da familia real emiratí, pois é medio irmán do actual presidente dos Emiratos Árabes Unidos, o emir Khalifa bin Zayed Al Nahyan. É o presidente do consello ministerial de servizos e da autoridade de investimento emiratí e tamén é membro do Supreme Petroleum Council (Consello Supremo de Petróleo) así como tamén dos consellos de varias empresas de investimento, incluíndo a Petroleum Investment Company International e o Abu Dhabi Investment Council.

Desde 2008 é o dono do Manchester City e tamén ten participacións nunha serie de proxectos empresariais, incluíndo a Virgin Galactic e a canle de televisión Sky News Arabia. Ademais é o propietario da empresa privada Abu Dhabi United Group (ADUG). A fortuna persoal de Sheikh Mansoor estímase en preto de 4,9 millóns de dólares americanos e cunha fortuna familiar estimada de 150 millóns de dólares americanos.

Mansour ten dúas esposas e cinco fillos. Casou con Alia bint Mohammed bin Butti Al Hamed, a mediados da década de 1990 e teñen un fillo, Zayed. Posteriormente casou con Manal bint Mohammed bin Rashid Al Maktoum, coa que ten dúas fillas, Fátima (nacida o 9 de xuño de 2006) e Latifa (nacida o 23 de xaneiro de 2014), e dous fillos, Mohammad (nacido o 4 de decembro de 2007) e Hamdan (nacido o 21 de xuño de 2011).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]