Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu toda a súa carreira profesional en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais.
Foi director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Colaborou co compositor Rogelio Groba Groba na redacción da súa biografía oficial, un libro de conversas, e na publicación de varios catálogos da súa obra. Tamén foi letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga, o noso Rei e unha adaptación do conto de Charles Perrault O gato con botas), así como do réquiem Samaín. Réquiem galego, a cantata Corpus en Ponteareas, e varias cancións.[1]
Como animador cultural, colabora co Concello de Ponteareas na organización de numerosas actividades, como os Xogos Florais, a colección de libros Creadores ponteareáns ou o ciclo Venres D_letras, do que é coordinador dende o seu nacemento. Mantén o blog de recensións literarias O meu andel[2].
Floralba (1999). Egasur. Inclúe o libreto da ópera do mesmo nome e o poema que a inspirou.
Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas (2002). Asociación de Comerciantes de Ponteareas. Ed. non venal. Inclúe varias lendas da zona relatadas en verso. 88 páxs.
Hermes, aprendiz de mago (2017). Vigo: Galaxia. Teatro infantil. 112 páxs. ISBN 9788491510994.
Presentando O negociador de Miguel Sande, Pontevedra, 19 de outubro de 2022, Libraría CronopiosMeditacións en branco e negro (2000). Vigo: Xerais. Biografía de Rogelio Groba.
Diabolus in musica (2011). Vigo: Galaxia. Conversas con Rogelio Groba.
Rogelio Lorenzo, paleta de nove cores (2021). Concello de Ponteareas. Biografía de Rogelio Lorenzo.