Manrique Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manrique Fernández
Manrique Fernández.jpg
Nacemento4 de xuño de 1965
 Sistallo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manrique Fernández Vázquez, nado en Sistallo (Cospeito) o 4 de xuño de 1965, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu toda a súa carreira profesional en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais.

Foi director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Colaborou co compositor Rogelio Groba Groba na redacción da súa biografía oficial, un libro de conversas, e na publicación de varios catálogos da súa obra. Tamén foi letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga, o noso Rei e unha adaptación do conto de Charles Perrault O gato con botas), así como do réquiem Samaín. Réquiem galego, a cantata Corpus en Ponteareas, e varias cancións.

Como animador cultural, colabora co Concello de Ponteareas na organización de numerosas actividades, como os Xogos Florais, a colección de libros Creadores ponteareáns ou o ciclo Venres D_letras, do que é coordinador dende o seu nacemento. Mantén o blog de recensións literarias O meu andel[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Crónicas de Embora (Toxosoutos, 2014; relatos)
  • Tres feridas (Belagua, 2015; novela)
  • Os anxos indecisos (Galaxia, 2019; relatos)

Poesía/Teatro[editar | editar a fonte]

  • Floralba (Egasur, 1999). Inclúe o libreto da ópera do mesmo nome e o poema que a inspirou.
  • Ponteareas máxica (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2002). Inclúe varias lendas da zona relatadas en verso.
  • Hermes, aprendiz de mago (Galaxia, 2017). Teatro infantil.

Biografía/ensaio[editar | editar a fonte]

  • Meditacións en branco e negro (Xerais, 2000). Biografía de Rogelio Groba.
  • Diabolus in musica (Galaxia, 2011). Conversas con Rogelio Groba.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López. (Concello de Paradela, 2013)[2].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello de Paradela, 2013), polo relato "Mar Maior".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]