Manolito Catrollos
Aparencia
Manolito Catrollos | |
---|---|
Autor/a | Elvira Lindo |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | novela |
Data de pub. | 1994 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Manolito Catrollos (o nome orixinal en español é Manolito Gafotas) é o nome dun libro de Elvira Lindo escrito en 1994, mais converteuse nunha serie de novelas nas que se narra a historia dun cativo e a súa familia, no madrileño barrio de Carabanchel Alto, coa caracterización peculiar dos personaxes españois nun lugar urbano sen moitos luxos.
O certo é que Manolito xa é un personaxe histórico, pois foi levalo a pequenas e grandes pantallas, en versións para todos os públicos.
A tradución ao galego correu por conta de Xosé Antón Palacio Sánchez.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Manolito García Moreno: é o protagonista, alegre, simpático e con sentido do humor. Vive coa súa familia en Carabanchel e ten dez anos.
- O Imbécil: é o irmán máis novo de Manolito. O seu verdadeiro nome é Nicolás García Moreno e ten 4 anos. Sempre anda a chuchar un chupete.
- Catalina: a nai de Manolito, é famosa polas súas azoutas. É bastante seria e nerviosa.
- Orellóns: non se sabe o seu verdadeiro nome, mais é o mellor amigo de Manolito, aínda que o acostuma traizoar, polo que tamén lle chama moitas veces porco traidor.
- Yihad: é o abusón do barrio que se dedica a esnaquizarlle os lentes a Manolito.
- O avó: é o avó materno de Manolito. Está xubilado e vive na casa da súa filla xunto ao resto da familia, polo que adoita pasar bastante tempo co seu neto. Acostuma vestir de chándal e ten unha especial predilección polos "tintos de verán", que, segundo Manolito, son a súa paixón. É o Travolta de Carabanchel.
- Manolo: é o pai do protagonista. É camioneiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en castelán).