Illa Mangareva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Gambier | ||||
Capital | Rikitea (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.239 (2012) (80,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 15,4 km² | ||||
Medición | 1,3 () × 8 () km | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 83 m | ||||
Punto máis alto | Monte Duff (pt) (441 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Mangareva é a illa principal do arquipélago das Gambier, na Polinesia Francesa. Situado a 1.400 km ao sueste de Tahití. O nome Mangareva significa «montaña flotante». Foi descuberta en 1797, polo inglés James Wilson, que a chamou Peard.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Mangareva é a illa máis grande das Gambier, cunha superficie total de 14 km², un 56% do total do arquipélago. Tamén ten o punto máis alto do grupo: o Monte Duff de 441 m, que leva o nome do barco de Wilson, e á beira está o Monte Mokoto de 423 m. A illa está rodeada por unha barreira de escollos de 64 km de circunferencia. Á beira da lagoa e ao pé do Monte Duff está a vila principal, Rikitea. A vexetación é abundante en flores, arbustos e froitos.
A poboación total, no censo do 2002, era de 1.097 habitantes. A principal actividade económica é o cultivo de perlas, coa apreciada perla negra. O dialecto polinesio que se fala está emparentado cos dialectos das illas Austrais e das illas Cook meridionais.
O aeroporto atópase no illote Totegegie, a 45 minutos en barca.
Historia
[editar | editar a fonte]Mangareva ten numerosos vestixios arqueolóxicos dos séculos XII ao XV. Preto de Rikitea atópanse a residencia real (Marau Tagaroa), a dos xefes relixiosos (Te Hau o te Vehi), a casa comunal (Are Apere), o templo principal ou marae (Te Kehika), e ata cinco maraes máis.
Contrariamente ás outras illas, onde os polinesios introduciron porcos, cans e galiñas, en Mangareva a poboación seguía un réxime vexetariano e de peixe, a poboación obtiña os recursos carentes na illa comerciando cos habitantes de Illas Pitcairn e as Illas Marquesas. Con todo Mangareva é unha illa cun ecosistema moi susceptible e a actividade humana provocou a súa rápida deforestación, ao non ter árbores a poboación non puido construír canoas e quedou illada, ao perder todos os recursos que obtiña das illas veciñas a calidade de vida caeu repentinamente e parece que ata houbo unha guerra civil e actos de canibalismo. Isto provocou indirectamente a desaparición da poboación en Pitcairn e Henderson.
En 1834 foi o lugar escollido pola Congregación do Sacro Corazón como base para establecer a primeira misión católica na Polinesia. Os pais Laval e Caret deixaron un patrimonio arquitectónico monumental:
- Catedral de San Miguel, de 48 m de longo, 9 m de alto, e capacidade para 2.000 persoas.
- Igrexa de San José, de 21 m.
- Capela de San Miguel, no cemiterio de Rikitea.
- Capela de Santa Ana.
- Capela de San Pedro, coa tumba do rei bautizado Gregorio.
- Convento de Santa Ágata.
- Casas reitorais, conventos, camiños de procesión, arco do triunfo no palacio real, fornos de pan, cárcere...
Para máis información consultar o apartado correspondente ás illas Gambier.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista aérea de Mangareva. Ó fondo a lagoa
-
Praia dos amantes en Mangareva
-
Vista de Rikitea. Granxa de perlas e campanario da catedral de Saint-Michel
-
Pequena Capela en Mangareva
-
Vista de Mangareva desde o Monte Mokoto
-
Bunker usado nos anos 60 durante as probas nucleares francesas destruído en abril de 2008
-
"Casamata" agora destruído, que serviu para albergar á poboación das Gambier nos ensaios nucleares