Maliglutit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maliglutit
Ficha técnica
Título orixinalᒪᓕᒡᓗᑎᑦ
DirectorZacharias Kunuk
Natar Ungalaaq
ProdutorJonathan Frantz
Zacharias Kunuk
Cara Di Staulo
IntérpretesBenjamin Kunuk
Jocelyne Immaroitok
Karen Ivalu
Lucy Tulugarjuk
MúsicaChris Crilly
Tanya Tagaq
FotografíaJonathan Frantz
EstudioKinguliit Productions
EstreaFestival de Toronto: setembro de 2016
Orixe Canadá
XéneroDrama
Orzamento1,2 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt6045752 Filmaffinity: 377636 Rottentomatoes: m/maliglutit Editar o valor em Wikidata

Maliglutit (en inuktitut: ᒪᓕᒡᓗᑎᑦ) é un filme canadense de 2016 en lingua inuktitut dirixido por Zacharias Kunuk e Natar Ungalaaq, o cal foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Baséase no filme de 1956 The Searchers, dirixido por John Ford. Está ambientado nos Norte do Canadá no ano 1913. Conta a historia de Kuanana (Benjamin Kunuk), un home que regresa de cazar e descobre que a maior parte da súa familia foi asasinada e que a súa muller e filla foron secuestradas.[1]

O filme foi rodado en Nunavut cun elenco completamente inuit, e con colaboracións dunha tribo local. A produción do filme foi problemática por mor do frío extremo. Recibiu valoracións positivas no Canadá, e foi nomeado a dous Premios Canadian Screen, incluíndo a categoría ó mellor filme.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Benjamin Kunuk como Kuanana
  • Karen Ivalu como Tagaq
  • Jonah Qunaq como Aulla
  • Joey Sarpinak como Kupak
  • Jocelyne Immaroitok como Ailla
  • Joseph Uttak como Siku

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CBC North, ed. (2 de agosto de 2016). "Zacharias Kunuk set to unveil Maliglutit, or Searchers, in Toronto this fall". Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]