Makarios Mavrogiannakis
Μακάριος Μαυρογιαννάκης (Makarios Mavrogiannakis) | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa ortodoxa de Xerusalén | |
Biografía | |
Nacemento | 1968 en Charakas, Illa de Creta |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1992 |
Consagración episcopal | 25 de febreiro de 2013 |
Arcebispo de Qatar | |
2013 - actualidade |
Makarios (en grego: Μακάριος), nado como Georgios Mavrogiannakis (en grego: Γεώργιος Μαυρογιαννάκης) en Charakas (Illa de Creta) en 1968, é un eclesiástico ortodoxo grego, dende 2013 arcebispo de Qatar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou a Xerusalén en 1980, estudando na escola patriarcal. En 1986 entrou na vida monástica e en 1987 foi ordenado diácono. En 1992 foi ordenado sacerdote, e en 1993 nomeado arquimandrita, e posteriormente continuou os seus estudos teolóxicos en Belgrado até 1995. Á súa volta a Xerusalén, foi profesor na escola patriarcal de Sión, vigairo en Gaza e hegúmeno en Al-Fuhais.
En 2004 foi nomeado gardián (επίτροπος) do patriarca en Qatar. Alí encargouse da posta en marcha da construción da catedral dos santos Isaac e Xurxo en Doha. Ademais de exercer as labores pastorais para a comunidade ortodoxa qatarí, en 2011 cursou estudos de posgrao en Liturxia na Universidade de Belgrado.
O 19 de febreiro de 2013 foi nomeado arcebispo de Qatar, recibindo a consagración episcopal o 25 de febreiro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Ὁ Σεβασμιώτατος Ἀρχιεπίσκοπος Καττάρων κ. Μακάριος". Perfil na páxina web do patriarcado de Xerusalén. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. (en grego)