Maison des Babayagas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maison des Babayagas
Coordenadas48°51′47″N 2°26′33″L / 48.863024, 2.44251Coordenadas: 48°51′47″N 2°26′33″L / 48.863024, 2.44251
editar datos en Wikidata ]

A maison des Babayagas é unha creación orixinal de residencia para mulleres maiores situada en Montreuil (Seine-Saint-Denis), cuxa deseñadora foi Thérèse Clerc, activista feminista francesa.

Concepto[editar | editar a fonte]

Cunha perspectiva diferente sobre o envellecemento[1], a Maison des Babayagas, que recoñece no seu nome a figura de Baba Iagá, unha vella bruxa dun conto ruso,[2] constitúe un proxecto particularmente innovador.[3] Foi concibido como un "fogar anti-xubilación" permitíndolles ás mulleres que viven nel coidarse e axudarse mutuamente para envellecer ben.[4]

Liderado por unha asociación, pretende ser un lugar para vivir que favoreza a autonomía e a democracia participativa.[2] Ademais, está acompañado dunha universidade popular, UNISAVIE.[2]

Realización[editar | editar a fonte]

Thérèse Clerc[5] comezou a pensar niso en 1995, logo da morte da súa nai. O proxecto, moi avanzado en 2003, no medio dun ano de vaga de calor, enfrontouse a numerosas dificultades, particularmente en termos de financiamento.[6] Non obstante, acabou grazas á obstinación de Thérèse Clerc e ao apoio que recibiu. Os traballos comezaron en outubro de 2011[4] e a maison des Babayagas foi inaugurada en febreiro de 2013.

O edificio de seis andares dispón de vinte e un cuartos para mulleres con máis de sesenta anos[1] e catro para mozas con menos de trinta anos.[4] As áreas comúns acollen actividades abertas ás residentes, tales como obradoiros de deseño.[1]

Carta[editar | editar a fonte]

A base para a vida nesta comunidade intencional[7] é unha carta desenvolvida e escrita.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Harau, Juliette (2016-02-22). "La Maison des Babayagas, l’« anti-maison de retraite » à Montreuil". Le Monde.fr (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 2016-06-21. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "éducation populaire". www.educationpopulaire93.fr. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 2016-06-22. 
  3. Rodier, Anne (2010-02-15). "A Montreuil, la Maison des Babayagas pose un regard différent sur le vieillissement". Le Monde.fr (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 2016-06-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Manier, Bénédicte (2012). Un million de révolutions. Comment les citoyens changent le monde tranquilles. Les Liens qui Libèrent (LLL). p. 328. ISBN 979-10-209-0009-8. .
  5. redaction. "Thérèse Clerc, La maman des Babayagas". nananews.fr. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  6. "Les Babayagas, la silver solidarité au quotidien". Libération.fr. Consultado o 2016-06-08. 
  7. "Mort de Thérèse Clerc, fondatrice de la Maison des Babayagas". TV5MONDE. 2014-12-24. Consultado o 2016-06-21.