Thérèse Clerc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThérèse Clerc

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Thérèse Simone Marguerite Clerc Editar o valor em Wikidata
9 de decembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Montreuil, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMontreuil (pt) Traducir (1974–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

IMDB: nm1742752 Editar o valor em Wikidata


Thérèse Clerc, nada en París o 9 de decembro de 1927 e finada en Montreuil (Sena-San Denis) o 16 de febreiro de 2016, foi unha militante feminista francesa, coñecida polo seu proxecto de vivenda autoxestionada para mulleres de idade, a "Maison des Babayagas".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da pequena burguesía de París, Thérèse Clerc pasou a súa infancia en Bagnolet [1]. O seu pai traballou nunha empresa de apostas hípicas.

Aprendeu o oficio de modista, e en 1947, aos 20 anos e medio, casou cun pequeno contratista en limpeza industrial, converténdose nunha ama de casa, nai de catro fillos. Católica, vendeu o semanario Témoignage chrétien e reuniuse cos curas obreiros que volvían de facer o servizo militar en Alxeria:[2]

Coñecín a Marx na igrexa da rue de Charonne

Con todo, a posición da Igrexa con respecto ás mulleres, afastouna dela, aínda que ao final da súa vida non se consideraba atea, senón máis ben agnóstica, quizais mesmo crente:

(Deus é) unha pregunta porque non é demostrábel, Deus só é críbel na dúbida, divírteme

Traballou como vendedora nunha tenda e, despois de se ter manifestado contra as guerras en Indochina e Alxeria, fixo campaña do "Movemento pola liberdade do aborto e a contracepción" (MLAC) durante o Maio do 68. En 1969, divorciouse e en 1974 comprou un pequeno apartamento en Montreuil. Alcumada "Teresa de Montreuil",[3] practicou abortos clandestinos na mesa da súa sala de estar ata a promulgación, en xaneiro de 1975, da Lei Veil, que despenalizou o aborto en Francia. Militou tamén no Movemento pola paz e no Partido Socialista Unificado (PSU).[4]

En 1990, asinou o Recurso do 75 contra a guerra do Golfo.

Activista en Montreuil[editar | editar a fonte]

Thérèse Clerc fundou no ano 2000, en Montreuil, a "Maison des femmes" (Casa das mulleres),[2][5] que abría as súas portas ás mulleres vítimas de violencia e aquelas en vías de reinserción ou reintegración. Ao mesmo tempo, cando tivo que coidar da súa nai encamada, decidiu crear un lugar autoxestionado para "envellecer en comunidade como cidadáns independentes, libres e útiles": o proxecto, iniciado en 1999, por pouco fracasa en 2007, ata que logo dun improbábel encontro coa ministra de Vivenda Christine Boutin (da dereita católica), esta desbloquea os fondos necesarios. Isto levou á creación do proxecto da "Maison des Babayagas", nomeado así pola bruxa rusa Baba Iagá.[6] Porén, no último minuto, o consello xeral do Sena-San Denis cancelou a súa participación, alegando que o proxecto, reservado para as mulleres, sería "discriminatorio". Foi relanzado en 2009 polo concello de Montreuil, e a oficina de Vivenda da cidade chegando finalmente a abrirse a finais de 2012.[7] Houbo que esperar, con todo, a 2015, para construír un lugar específico, na Rue de la Convention, Les vies de Thérèse, para o sitio.[8]

Tamén creou a "Universidade dos saberes sobre a vellez" (Université des Savoirs sur la Vieillesse, UNISAVIE.).[9]

Thérèse Clerc apareceu no filme documental de Sebastien Lifshitz, Les Invisibles, lanzado en 2012. Destacou a intolerancia da sociedade francesa contra os homosexuais durante a década de 1960, momento en que foi considerado como un "flaxelo social". Ao final da súa vida, falou abertamente da súa homosexualidade, mantendo relacións ata a vellez. Sébastien Lifshitz rodou unha película sobre as últimas semanas de vida de Thérèse Les vies de Thérèse, segundo os seus desexos, nunha desacralización do tabú do corpo moribundo[10].

Thérèse Clerc morreu vítima dun cancro na súa casa en Montreuil, o 16 de febreiro de 2016 rodeada polos seus fillos. Foi enterrada no cemiterio do Père-Lachaise. A súa familia organizou un funeral discreto na intimidade da familia.[11][12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi condecorada no palais Bourbon pola historiadora do feminismo Michelle Perrot e en presenza de Simone Veil como Cabaleira da Lexión de honra en 2008 (rexeitara esta distinción no inicio dos anos 2000)[13].

A biblioteca Marguerite-Durand do 13º arrondissement de París mantén un arquivo dedicado a Thérèse Clerc.[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jacky Durand, « Flamme forte », en Libération, 11 de xuño de 2008
  2. 2,0 2,1 Isabelle Rey-Lefebvre, Mort de la militante féministe Thérèse Clerc, en Le Monde, éd. papier 18 février 2016, éd. Internet 16 février.
  3. Marjorie Corcier, « Les deux vies de Thérèse », en Le Parisien, 8 de decembro de 2007.
  4. "Décès de Thérèse Clerc, militante féministe et fondatrice de la Maison des Babayagas". Libération.fr (en francés). 16 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  5. O 15 de xaneiro de 2016 a Casa das Mulleres foi bautizada como a Casa das Mulleres Thérèse Clerc (Maison des Femmes Thérèse Clerc).
  6. "Les Babayagas, la silver solidarité au quotidien". Libération.fr (en francés). 2 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  7. Clerc, Thérèse. "La maison des Babayagas - Génération Solidarité". Arte Journal (en francés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  8. Le projet architectural Arquivado 02 de decembro de 2017 en Wayback Machine. sur le site La Maison des Babayagas, 9 de agosto de 2015.
  9. "La militante féministe Thérèse Clerc est morte à 88 ans". Le Huffington Post (en francés). 16 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  10. Les Vies de Thérèse (2016). www.unifrance.org (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  11. Sotinel, Thomas (18 de maio de 2018). "« Les Vies de Thérèse » : un portrait plein de vie d’une mourante" (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  12. "Thérèse Clerc, les derniers jours" [Thérèse Clerc, os [seus] derradeiros días.]. Là-bas si j'y suis (en francés). Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  13. « Thérèse Clerc reçoit la Légion d’honneur », en Le Parisien, 11 de xuño de 2008.
  14. "Fonds et sous-fonds : Fonds Thérèse Clerc". Catalogue Collectif de France (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  15. "Bibliothèques : Bibliothèque Marguerite Durand. Paris". Catalogue Collectif de France (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Audiovisuais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]