Mai Yamani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMai Yamani
Nome orixinal(ar) مي يماني Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArabia Saudita Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSomerville College
Bryn Mawr College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Páxina webmaiyamani.com Editar o valor em Wikidata


Mai Yamani (árabe: مي يماني), nada no Cairo o 6 de setembro de 1956, é uha antropóloga e profesora saudita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de nai iraquí, de Mosul, e de pai saudita, da Meca, Ahmed Zaki Yamani, que foi Ministro de Petróleo durante a crise do petróleo de 1973. A familia paterna era do Iemen, de onde tomaron o apelido Yamani ("do Iemen").

Foi á escola en Bagdad e na Meca, e foi ao instituto Château Mont-Choisi en Losana, Suíza entre 1967 e 1975. Graduouse summa cum laude no Bryn Mawr College en Pensilvania, e fixo un mestrado en antropoloxía social no Somerville College da Universidade de Oxford. Despois doutorouse pola mesma institución.

Foi lectora universitaria en Arabia Saudita, e despois traballou en laboratorios de ideas no Royal Institute for International Affairs de Londres, a Brookings Institution de Washington, D.C., e no Carnegie Middle East Center de Beirut.

Fala árabe, inglés, francés e castelán, e entende o persa, o hebreo e o italiano.

Obra[editar | editar a fonte]

  • هويات متغيرة : تحديات الجيل الجديد في السعودية (Changed Identities: The Challenge of the New Generation in Saudi Arabia; Royal Institute of International Affairs, 2000)
  • Cradle of Islam: The Hijaz and a Quest for Arabian Identity (I.B.Tauris, 2009)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]