Magnus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Magnus é un filme documental de 2016 dirixido por Benjamin Ree sobre os inicios do xadrecista noruegués Magnus Carlsen.[1][2][3] O mozo converteuse en Gran Mestre aos 13 anos e gañou o Mundial de Xadrez en 2013.[4][5]

Estrea[editar | editar a fonte]

Estreado no Festival de Cinema de Tribeca en 2016,[6] converteuse no primeiro documental noruegués que se estreou a nivel mundial no antedito festival.[7] Magnus Carlsen non asistiu á estrea, mais si a súa familia.[8] Foi o filme desa edición do festival que antes esgotou as súas entradas.[9] Frederic Boyer, director artístico do Festival de Cinema de Tribeca, afirmou que era un dos seus favoritos dese ano.[10]

Acollida da crítica[editar | editar a fonte]

Magnus recibiu maioritariamente recensións positivas da crítica de cinema. Ten unha puntuación do 81% no sitio web Rotten Tomatoes baseada en 27 valoracións, cunha media ponderada de 6,2 sobre 10.[11]

Premios salientábeis[editar | editar a fonte]

  • Global Future Prize – Oulu International Children's and Youth Film Festival
  • The Ray of Sunshine – The Norwegian International Film Festival[12]
  • Premio do público – Docville[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gleiberman, Owen (18 de novembro de 2016). "Film Review: ‘Magnus’". Variety (en inglés) (Penske Media Corporation). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  2. Brady, Tara (25 de novembro de 2016). "Magnus review: a gloriously fun ode to the ‘Mozart of Chess’". The Irish Times (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  3. Rechtshaffen, Michael (24 de novembro de 2016). "Review: ‘Magnus’ checks out the pressures and loneliness of a chess grandmaster". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  4. "Magnificent Magnus, the world's youngest grandmaster". ChessBase (en inglés). 30 de abril de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  5. Weisenthal, Joe (22 de novembro de 2013). "22-YEAR-OLD MAGNUS CARLSEN WINS WORLD CHESS CHAMPIONSHIP — And Chess Enters A Whole New Era". Insider (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  6. Allen-Merry, Tilson. "Magnus - 2016 Tribeca Festival". Tribeca (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  7. Johansen, Øystein David (8 de marzo de 2016). "Carlsen-film tatt ut til De Niro-festival". VG (en noruegués). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  8. Vikås, Marianne; Jørgensen, Mathias; Nilsson, Thomas (14 de abril de 2016). "Verdenspremiere på kinodokumentaren om Magnus Carlsen i New York i natt: Magnus Carlsen forteller om egne «Demoner» i NY Film". VG (en noruegués). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  9. Vikås, Marianne; Jørgensen, Mathias; Nilsson, Thomas (15 de abril de 2016). "Søsteren om «Magnus»-filmen: − Holdt på å felle en tåre flere ganger". VG (en noruegués). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  10. Titze, Anne-Katrin. "A conversation with Frédéric Boyer about the Tribeca Film Festival". Eye For Film (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  11. "Magnus". Rotten Tomatoes (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  12. Jensen, Jorn Rossing (26 de agosto de 2016). "Norwegian Fest Honors Pernilla August as Doc ‘Magnus’ Takes Top Prize". Variety (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  13. "Magnus - Awards". IMDb (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]