Magnetostática
A magnetostática é o estudo de todos os fenómenos físicos nos que interveñen campos magnéticos constantes no tempo.
A magnetostática abarca desde a atracción que exercen os imáns e os electroimáns sobre os metais ferromagnéticos, como o ferro, até os campos magnéticos creados por correntes eléctricas estacionarias. De feito ambos os fenómenos están estreitamente relacionados, xa que as correntes eléctricas crean un campo magnético proporcional á intesidade de corrente e que diminúe coa distancia.
Ademais todo corpo que entra nun campo magnético toma unha imantación que depende da súa natureza, e que xeralmente perde ao retirarse dese campo; algúns aceiros conservan parte do magnetismo inducido ou magnetismo remanente.
Hai corpos paramagnéticos que son atraídos polos imáns (ferro, níquel, cobalto etc.) e corpos diamagnéticos, que son repelidos por eles.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aharoni, Amikam (1996). Introduction to the Theory of Ferromagnetism. Clarendon Press. ISBN 0-19-851791-2. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2017., (en inglés).
- Feynman, Richard P.; Leighton, Robert B.; Sands, Matthew (2006). The Feynman Lectures on Physics 2. ISBN 0-8053-9045-6., (en inglés).
- Hiebert, W; Ballentine, G; Freeman, M (2002). "Comparison of experimental and numerical micromagnetic dynamics in coherent precessional switching and modal oscillations". Physical Review B 65 (14). p. 140404. doi:10.1103/PhysRevB.65.140404., (en inglés).