Reactancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na electrónica, denomínase reactancia a oposición ofrecida por indutores (bobinas) e condensadores ao paso da corrente alterna, medíndose o seu valor en ohmios. Canda a resistencia eléctrica determinan a magnitude da impedancia total dun compoñente ou circuíto, de tal xeito que a reactancia (X) é a parte imaxinaria da impedancia (Z) e a resistencia (R) é a parte real, segundo a igualdade:

 Z= R+jX \,

Tipos de reactancias[editar | editar a fonte]

Cando circula corrente alterna por algún destes dous elementos que posúen reactancia, a enerxía é alternativamente almacenada e liberada en forma de campo magnético, no caso das bobinas, ou de campo eléctrico, no caso dos condensadores. Isto produce un adianto ou atraso entre a onda de corrente e a onda de tensión. Este desfase fai diminuír a potencia entregada a unha carga resistiva conectada logo da reactancia sen consumir enerxía.

Se se realiza unha representación vectorial da reactancia indutiva e da capacitiva, os vectores que a constitúen deberíanse debuxar en sentido oposto e sobre o eixo imaxinario, xa que as impedancias calcúlanse como {j}X_L\,\! e {-j}X_C\,\! respectivamente.

Non obstante, as bobinas e condensadores na realidade presentan unha resistencia asociada, que no caso das bobinas considérase en serie co elemento, e no caso dos condensadores en paralelo. Neses casos, e como xa se indicou arriba, a impedancia (Z) total é a suma vectorial da resistencia (R) e a reactancia (X).

É dicir, en fórmulas:

\tilde{Z} = R + jX

onde

j é a unidade imaxinaria
 X = ( W_L - 1/W_C ) é a reactancia en Ohm.

W é a frecuencia angular á cal está sometido o elemento, e L e C os valores de indutancia e capacitancia respectivamente.

Dependendo do valor da enerxía e a reactancia dise que o circuíto presenta:

  • Se \scriptstyle{X > 0}, reactancia indutiva (W_L > 1/W_C)
  • Se \scriptstyle{X = 0}, non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva (W_L=1/W_C)
  • Se \scriptstyle{X < 0}, reactancia capacitiva (1/W_C > W_L)

Reactancia capacitiva[editar | editar a fonte]

A reactancia capacitiva represéntase por X_C\,\! e o seu valor vén dado pola fórmula:

X_C = \frac {1}{\omega C} = \frac {1}{2 \pi f C}\,\!

na que:

X_C\,\! = Reactancia capacitiva en ohmios
C\,\! = Capacitancia en faradios
f\,\! = Frecuencia en hercios
\omega\! = Frecuencia angular

Reactancia indutiva[editar | editar a fonte]

A reactancia inductiva represéntase por X_L\,\! e o seu valor vén dado por:

X_L = \omega L = 2 \pi f L\,\!

na que:

X_L\,\! = Reactancia indutiva en ohmios
L\,\! = Indutancia en henrios
f\,\! = Frecuencia en hercios
\omega\! = Frecuencia angular

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]