Magneta Lane é unha banda canadense de rock alternativo procedente de Toronto, Ontario e formada no ano 2003. Os seus tres membros son mulleres, Lexi Valentine (voces e guitarra), Nadia King (batería) e French (baixo). O grupo recibiu boas críticas co seu álbum de estrea The Constant Lover. O seu primeiro sinxelo, tamén titulado "The Constant Lover", e o segundo, "Ugly Socialite", emitíronse frecuentemente nas canles MTV, VH1 e MuchMusic.
Lexi apareceu como vocalista convidada nos temas de Tokyo Police Club "Nature Of The Experiment", de K-os "Fun" e de Neverending White Lights "Black Is The Colour Of My True Love's Heart".
Tras Gambling with God, a banda pasou por dificultades e estivo desaparecida por un tempo ata regresar en 2013 co EP Witchrock. Este traballo foi publicado a través da nova discográfica creada polo propio grupo, Splendor House, sendo distribuído por eOne Music.
A música de Magneta Lane apareceu na banda sonora das series The L Word e Lost Girl e da película CAKE.