Magion
Magion foi unha serie de satélites artificiais científicos da República Checa.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Magion foron satélites checos deseñados para estudar a magnetosfera e a ionosfera terrestres. Houbo cinco satélites Magion, lanzados entre 1978 e 1996 a bordo de diferentes tipos de foguetes.[1]
Magion 1
[editar | editar a fonte]Magion 1 foi lanzado como un subsatélite do satélite soviético Interkosmos 18 o 24 de outubro de 1978 mediante un foguete Kosmos 3M. Estabilizábase magneticamente levaba experimentos ionosféricos relacionados co proxecto de Estudo Magnético Internacional. Tiña forma de caixa de 30 x 30 x 15 cm. O satélite adicábase principalmente a medir sinais VLF.[2][1]
Magion 2
[editar | editar a fonte]Magion 2 foi subsatélite de Interkosmos 24 e tiña unha masa de 65 kg, cunha forma poliédrica distinta á de Magion 1 e similar á que terían o resto de membros da serie de satélites Magion. Tiña unha serie de mastros con sensores, un sistema de recolección de datos dixital e un sistema de propulsión baseado en gas. Estaba adicado a investigar a estrutura dos fenómenos asociados á inxección de plasma na magnetosfera terrestre. Foi lanzado o 28 de setembro de 1989 mediante un foguete Tsiklon-3.[3][1]
Magion 3
[editar | editar a fonte]Magion 3 funcionou como subsatélite de Interkosmos 25 co obxectivo de estudar a radiofrecuencia nas áreas aurorais, a dinámica dos feixes modulados e os plasmoides no plasma próximo á Terra, a natureza da relación electrodinámica das ondas electromagnéticas na magnetosfera e a ionosfera e á busca de solitóns electromagnéticos en contornas perturbadas. Foi enviado ao espazo o 18 de decembro de 1991 mediante un Tsiklon-3.[3][1]
Magion 4 e Magion 5
[editar | editar a fonte]Ambos satélites foron destinados ao mesmo proxecto, no que servirían de subsatélites aos satélites Interbol 1 e Interbol 2 para estudar os mecanismos físicos responsables da transmisión da enerxía do vento solar á magnetosfera, o seu almacenamento alí e a posterior disipación na magnetocola e nas zonas aurorais. Magion 4 ou S2-X (subsatélite de cola, en ruso) estudaría a zona da magnetocola, mentres que Magion 5 ou S2-A (subsatélite da aurora) orbitaría cruzando os óvalos aurorais para medir a aceleración das partículas aurorais e o fluxo de correntes eléctricas que conectan a magnetocola e a ionosfera. Magion 4 foi lanzado o 2 de agosto de 1995 e Magion 5 o 29 de agosto de 1996, ambos a bordo de foguetes Molniya M.[3][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
Magion 1 | 24 de outubro de 1978 | Kosmos 3M | Éxito |
Magion 2 | 28 de setembro de 1989 | Tsiklon 3 | Éxito |
Magion 3 | 18 de decembro de 1991 | Tsiklon 3 | Éxito |
Magion 4 | 2 de agosto de 1995 | Molniya M | Éxito |
Magion 5 | 29 de agosto de 1996 | Molniya M | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "Magion" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Magion 1" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Magion 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magion |