Magic: The Gathering
Xénero | Xogo de cartas |
---|---|
Orixe | Estados Unidos de América |
Deseñado por | Richard Garfield |
Editorial | Wizards of the Coast |
Data de publicación | 5 de agosto de 1993 (31 anos) |
Lingua | lingua inglesa, lingua rusa, lingua chinesa, lingua francesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua xaponesa, lingua castelá, lingua portuguesa e lingua coreana |
Xogadores | 2 ou máis |
Idades | 13+ |
Na rede | |
https://magic.wizards.com/en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Magic: The Gathering (coñecido coloquialmente como Magic ou MTG ) é un xogo de cartas coleccionables de mesa creado por Richard Garfield.[1] Lanzado en 1993 por Wizards of the Coast, Magic foi o primeiro xogo con comercio de cartas e tiña uns cincuenta millóns de xogadores en febreiro de 2023.[2][3][4][5] Durante o período de 2008 a 2016 producíronse máis de vinte mil millóns de cartas Magic , período durante o cal medrou en popularidade.[6][7] A partir do ano 2022, Magic xerou máis de 1.000 millóns de dólares en ingresos ao ano.[5][8]
Os xogadores dunha partida de Magic representan poderosos magos en duelo chamados Planeswalkers. Cada carta que o xogador saca da súa baralla representa un feitizo máxico que se pode usar para o seu beneficio na batalla. As cartas de Instant (Instantáneo) ou Sourcey (Feitizo) representan feitizos máxicos que o xogador pode lanzar para un efecto único, mentres que as cartas de: Creature (Criatura), Artifact (Artefacto), Enchantment (Encantamento), etc permanecen no "campo de batalla" (na mesa) para proporcionar vantaxe a longo prazo. Os xogadores deben incluír cartas de recursos, maná, ou Land (Terra) que representan a cantidade de puntos dispoñibles para lanzar os feitizos. Normalmente, un xogador derrota aos seus opoñentes reducindo o seu total de vidas a cero, o que normalmente se fai mediante danos de combate, atacando coas criaturas. Existen moitas outras fontes de danos no xogo, ademais de condicións alternativas de vitoria que non teñen en conta o total de vidas.
Aínda que o concepto orixinal do xogo bebeu de xogos de rol de fantasía tradicionais como Dungeons & Dragons, o xogo ten pouca semellanza cos xogos de rol de mesa, ao mesmo tempo ten substancialmente máis cartas e regras máis complexas que moitos outros xogos de cartas.
Magic pode ser xogado por dous ou máis xogadores, xa sexa en persoa con cartas de papel ou nun ordenador, teléfono intelixente ou tableta con cartas virtuais a través de Magic: The Gathering Online, Magic: The Gathering Arena, Magic Duels e outros. Pódese xogar con varios formatos de regras, que se dividen en dúas categorías: construídas e limitadas. Os formatos limitados implican que os xogadores constrúan un mazo espontaneamente a partir dun grupo de cartas aleatorias cun tamaño mínimo de baralla de 40 cartas.[9] En formatos construídos, os xogadores crean barallas a partir das cartas que posúen, normalmente cun mínimo de 60 cartas por baralla.
Novas cartas son engadidas no xogo regularmente a través de expansións. Outros desenvolvementos inclúen o Wizards Play Network xogado a nivel internacional e da comunidade mundial Players Tour, así como un importante mercado de revenda de cartas Magic. Algunhas cartas poden ser valiosas debido á súa rareza na produción e á súa utilidade no xogo, con prezos que van dende céntimos ata decenas de miles de euros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Magic: The Gathering Online Review". gamespot.com. Arquivado dende o orixinal o 2009. Consultado o 2009.
- ↑ Kotha, Suresh (1998). "Wizards of the Coast" (PDF). University of Washington School of Public Health. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006.
- ↑ "Design Decisions and Concepts in Licensed Collectible Card Games". electronicbookreview.com. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2015.
- ↑ Duffy, Owen (2015). "How Magic: the Gathering became a pop-culture hit – and where it goes next". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Schmidt, Gregory. "Magic: The Gathering Becomes a Billion-Dollar Brand for Toymaker Hasbro". nytimes.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Magic: the Gathering anniversary Facts & Figures". magic.wizards.com. Arquivado dende o orixinal o 2020.
- ↑ "With more than 35 million players worldwide, Magic the Gathering is giving back to its community with a brand new game and $10 million in esports prize money". businessinsider.com. Consultado o 2021.
- ↑ "Hasbro Reports Fourth Quarter and Full-Year 2022 Financial Results". hasbro.gcs-web.com. Arquivado dende o orixinal o 2023. Consultado o 2024.
- ↑ "Formats". magic.wizards.com. Arquivado dende o orixinal o 2017. Consultado o 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Magic: The Gathering |