Mailoc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maeloc»)
Mailoc
Nacementovalor descoñecido
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]
O reino suevo, no noroeste da Península Ibérica, no século VI.

Mailoc (ou Maeloc) foi un bispo galego de orixe bretoa do século VI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome aparece entre os prelados participantes no Primeiro Concilio de Lugo, no ano 569, e no Segundo Concilio de Braga, no ano 572, asinando: "Mayloc, Brittinorum eclesiae episcopus”.

Representaría a colonia britana estabelecida, no norte de Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña, fuxindo das invasións de anglosaxóns xermánicos, acaecidas entre o século V e o VII. Esta hipótese foi formulada por primeira vez por Filgueira Valverde, se ben no existen fontes documentais que o demostren.

Mailoc figura como bispo da diocese de Britonia, lugar que os expertos identifican habitualmente coa actual parroquia de Santa María de Bretoña, situado no concello lucense da Pastoriza.

O nome Mailoc ou Maeloc[editar | editar a fonte]

O seu nome indubidabelmente céltico, corresponde ao actual francés Maclou, como en Saint Maclou, tomado do bretón continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo armoricano. O onomástico latinizouse como Maclovius e aínda Machutus. A forma céltica orixinaria debe ser Mac'h Low, composto de «mac'h» 'prenda' e «luh» 'luz; brillante'. Se escollemos o galés como referencia, existe en galés moderno o nome Maelog, que os celtistas relacionan con Mael 'líder'. Pode tamén estar relacionado co San Maelog que aparece en topónimos (p. ex. Llyn Maelog) nas dedicatorias das igrexas de Gales e Bretaña e que viviu no século VI e mesmo que puidese ser el, aínda que non hai máis probas que a coincidencia do nome e a data[1].

O primeiro disco do grupo folk galego Milladoiro levaba por título A Galicia de Maeloc.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Novo título
 Bispo de Britonia 
? - 572 - ?
Sucesor:
Metopio

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Young, Simon (2002). Britonia: Camiños novos. Toxosoutos. pp. 33-34 ISBN 84-95622-58-0. Hai outros lingüistas como o filólogo Melville Richards que suxire outras posibilidades para o nome de Maelog como Maglocunos. Richards, Melville. "Mailoc". Habis, III. 1972. p. 159

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]